top of page

Comezamos LÓVA!

Actualizado: 29 sept 2019

Iniciamos este derradeiro curso de Primaria cun novo proxecto no cole chamado Proxecto LÓVA. Nós, os alumnos de 6º, seremos os encargados de crear unha compañía de ópera e representar unha obra ao final deste curso.



Comezamos a primeira sesión cunha dinámica chamada "Zip,zap, bop" que nos gustou moito porque era algo diferente aínda que unha parte do grupo non deixaba pasar a enerxía por todo o círculo.

Despois desta actividade fixemos outras como, por exemplo, unha que consistía en mirarnos a uns espellos e pensar no que viamos, outra na que tiñamos que improvisar usos dun paraugas que os compañeiros tiñan que adiviñar en inglés, contáronnos a historia de "Olelé" e por último tivemos que escribir no noso diario de LÓVA todo o que sentimos facendo estas actividades. Foi un día moi diferente de cole e xa estamos agardando a seguinte sesión de LÓVA.



31 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page