top of page

Somos "ZOÓPERA" Compañía de Ópera!

Comezamos unha nova semana de LÓVA e como o venres non nos deu moito tempo a facer unha reflexión en voz alta de todo o proceso da elección do nome, comezamos con ela hoxe.



Reflexión oral:


Comezamos analizando o proceso de elección do nome e a darnos conta que sendo case 50 alumnos, somo 49 na compañía, é moi difícil chegar a acordos se non cedemos un pouco. Tamén démonos conta que ás veces hai que recoñecer que as ideas dos demais poden ser mellores que as nosas e apoialas.



"5,4,3,2,1"


Continuamos a sesión coa dinámica de activiación que xa fixeramos o primerio día en castelán e inglés, "5,4,3,2,1". Gústanos moito porque é moi divertida e, ao mesmo tempo, un pouco difícil porque hai que facer dúas cousas á vez.



Canción "Olelé":

¡Olelé! ¡olelé! La corriente está muy fuerte. ¡Remad! ¡Remad!

Hoxe repartíronnos a letra da canción de Olelé que é a canción central do Proxecto LÓVA. É unha canción tradicional do Congo e que fala da importancia de remar todos xuntos para chegar a un bo porto e a salvar unha situación complexa.


Para rematar a sesión cantamos todos xuntos a canción para ir aprendéndoa.


71 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page