top of page

"O obxecto persoal"

Actualizado: 29 sept 2019

Neste martes 24 de setembro tamén adicamos a primeira hora da mañá a realizar dúas actividades.


Zip, zap, e bop.... por fin saíu!!! Despois de varios intentos para que a enerxía poidese dar unha volta enteira no círculo, hoxe conseguímolo!

Sabendo que se todos colaboramos a solución é sinxela, hoxe a nosa sensación foi de alegría e de satisfación por un logro conseguido.

O noso obxecto.


“É dificil conseguir que a xente te coñeza de verdade se nunca amosas como es ti en realidade.”

Nesta dinámica tivemos que traer un obxecto peroal da casa. Tiña que ser un obxecto que fose importante para nós ou que realmente nos identificase como somos.

Tiñamos que poñelo no medio do círculo e explicarlle aos compañeiros por que é importante ese obxecto para nós. Houbo compañeiro que se emocionaron e tamén nos emocionaron a nós cando expuxeron o seu obxecto.

Esta activiade serve de moito para chegar a coñecer realmente a un compañeiro ou compañeira.



Reflexión escrita.


Logo da actividade voltamos a nosa clase e fixemos unha pequena reflexión escrita no noso diario persoal de LÓVA.

46 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page