top of page

Somos... Compañía de Ópera!

É venres 27 de setembro e chegou un día importante na nosa compañía, o día no que temos que chegar a un acordo para poñerlle un nome a nosa compañía.



"Biri biri bop"


Como quecemento fixemos unha dinámica nova e moi divertida chamada "Biri biri bop" que consitía en que un compañeiro saía ao centro e lle dicía a outro a palabra máxica "Biri biri bop" e antes de que rematara de dicila, o compañeiro sinalado tiña que dicir "Bop". Se o dicía máis tarde tiña que ir ao centro.


"Casiña de chocolate"


Continuamos cunha variante da anterior que consiste en engadir ordes para que as persoas que están no círculo fagan diferentes accións.

Algunha das ordes peran:


- Casiña de chocolate: a persoa sinalada terá que invitar a pasar á persoa do centro imitando a bruxa do conto de Hansel e Gretel dicindo “entra, entra” con entonación mentres as dúas persoas que se atopa a dereita e a esquerda forman a casiña.



- Lavadora: a persoa sinalada do círculo ten que imitar que está dentro do tambor dunha lavadora mentres os do lado forman un cadrado cos brazos.



- Cowboy: mentres a persoa sinalada realiza un movemento de lazo vaqueiro gritando “Yeeeeahh”, os compañeiros do lado imitan a pistoleiros pegando tiros.



Reflexión escrita


Distribuímonos polo espazo para buscar o noso recuncho para escribrir a nosa reflexión sobre a actividade anterior.




Nome da Compañía

“Os dous grupos que van negociar un acordo teránse que mover das súas posicións iniciais para que os dous sintan que o acordo é de todos.”

Para chegar a conseguir un nome para a nosa compañía o primeiro que fixemos foi pensar palabras que se asocian ou están relacionadas co concepto de "Compañía" e as apuntábamos nun mural. Tamén apuntamos exemplos ou metáforas de compañía.



Logo iamos tachando aquelas palabra que tiñan menos forza ou que poderían estar integradas noutras ata quedarnos con 5 palabras importantes dentro dunha compañía:


"EQUIPO - COMPAÑERISMO - COORDINACIÓN - FELICIDADE - ESFORZO"



Somos... Compañía de Ópera.


Para rematar a xornada do venres, tivemos que pensar nomes para a nosa compañía de ópera e xustificar diante dos compañeiros o noso nome. Foi unha actividade moi dificil porque ao principio todo o mundo pensaba que o seu nome era o mellor para a compañía. Pouco a pouco foron saíndo tres ou catro nomes posibles.




Despois de debater, defender posturas e xustificar con argumentos os motivos de cada un quedaron dous nomes para o final: "Zoópera" e "Las aves marinas". Logo de moito ceder por uns e de convencer por outros chegouse a un acordo final. E por fin podemos gritar que...


34 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page