top of page

"A pedra da concentración"

Actualizado: 29 sept 2019

Hoxe luns 23 de setembro adicamos a primeira hora da mañá a facer unha sesión LÓVA que ten que ver coa concentración.



Antes da actividade da pedra fixemos outra vez a dinámica de "Zip, zap, bop". Nesta ocasión tampouco saíu ben á primeira. Os que o día anterior queixábanse de que non lles chegaba a enerxía foron hoxe os que impediron que chegara a todos no círculo.


Se sabemos cal é o problema e temos nas nosas mans a solución, temos todo o necesario para seguir avanzando como unha verdadeira compañía.

Logo da dinámica de "Zip, zap, bop" repartíronnos unha pedra a cada un de nós e tivemos que estar fixándonos nela durante un intre. Tiñamos que fixarnos moi ben nela porque era a nosa "pedra da concentración". Tiñamos que ser capaces de recoñecer a noa pedra entre todas e non era nada sinxelo.


Roubando a concentración...


Colocámonos nun círculo cun compañeiro enfronte a nós. A actividade consistía en que un compañeiro lle tiña que facer perder a concentración ao compañeiro que tiña a pedra exposta e que estaba concentrado.

Houbo compañeiros que o fixeron moi ben e que estaban moi concentrados, outros, pola contra, non eran capaces de aguantar moito concentrados e perdían pronto a súa pedra.



Reflexión escrita e posta en común.


Cada un de nós busca un lugar no que poida escribir a súa reflexión persoal na que vai explicando o que sentíu e como vivíu cada unha das actividades. Logo, en gran grupo, cada compañeiro comparte cos outros o que quere. Pouco a pouco xa imos participando máis persoas.


33 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page